De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 27 de novembro de 2001 (BOE do 13 de decembro), para a provisión da praza número 01/225 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade, a favor de Emilio Martín Gutiérrez, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Emilio Martín Gutiérrez profesor titular de universidade da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade.
A Coruña, 2 de xullo de 2003.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña