Convocado concurso por resolución da Universidade da Coruña do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro) para a provisión da praza 01/083 de catedrático de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade, e tendo en conta que a comisión non propón candidato algún. Visto o artigo 11.2º d) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, resolve declarar concluído o procedemento e deserta a praza referida.
A Coruña, 1 de xullo de 2003.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña