Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.716

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de contratación:

-Expediente nº 30739C: subministración de equipamento diverso para a cociña da CRTVG.

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das ofertas de contratación será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Expediente nº 30740C: execución de obras da ampliación de área de almacén e neveiras da cociña da CRTVG.

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das ofertas de contratación será de vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguintte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Expediente nº 30746C: execución da obra de acondicionamento de entrada ó edificio posterior.

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das ofertas de contratación será de vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados, en datas e horas de oficina (de 8.00 a 14.00 horas), no Servicio de Compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades (teléfono 981 54 08 55) sito no Centro Emisor de San Marcos, Santiago de Compostela, ou solicitadas no enderezo de correo electrónico: sercom*crtvg.es

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios).

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2003.

Manuel Vázquez Vieites

Director gerente Económico-Administrativo