Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/362-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Compañía de Electrificación, S.L.

Domicilio social: Doctor Carus, 7-1º, 36000 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: L.M.T.S. de C.T. Castriño a C.T. Rodel.

Situación: concello da Illa de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con conductor R.H.Z., de 690 m de lonxitude, con orixe no C.T. Castriño e remate no C.T. Rodel. A instalación está situada na avenida da Ponte, no concello da Illa de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 2 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra