Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/295-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e reforma R.B.T. estrada Ponteareas PO-400.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: reforma da R.B.T. Salvaterra de Miño e L.M.T. soterrada a 18/30 kV con conductor R.H.V., de 165 m de lonxitude, desde o apoio C-4.500/18 da L.M.T. xeral Salvaterra-Casal ata o C.T. que se proxecta de 100 kVA, R.T. 20 kV-230/398 V, na estrada Ponteareas PO-400, no concello de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 19 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra