Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.658

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 307/2003, do 11 de xullo, polo que se designan os vocais representantes da Xunta de Galicia no Consello Rector da Escola Galega de Administración Pública.

O artigo 7 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificado pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, establece no punto 3 b) que formarán parte como vocais do Consello Rector, cinco representantes da Xunta de Galicia designados polo Consello da Xunta de Galicia.

De conformidade con iso, mediante o Decreto 289/1994, do 30 de setembro, designáronse os vocais representantes da Xunta de Galicia no Consello Rector da EGAP.

Con posterioridade ás modificacións introducidas nas estructuras orgánicas dos departamentos da Xunta de Galicia, fixadas definitivamente polo Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, outorgando unha nova denominación a algúns dos cargos ós que se facía mención no antedito Decreto 289/1994, aconsellan adapta-la composición do Consello Rector da EGAP ás novas circunstancias.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do once de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar como vocais representantes da Xunta de Galicia no Consello Rector da Escola Galega de Administración Pública os titulares dos seguintes órganos:

a) O secretario xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) O director xeral-xefe da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

c) O inspector xeral de Servicios.

d) O director xeral de Orzamentos.

e) O director xeral de Administración local.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 289/1994, do 30 de setembro, polo que se designan os vocais representantes da Xunta de Galicia no Consello Rector da EGAP.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Coselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA