Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 21 de xullo de 2003 Páx. 9.658

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 306/2003, do 11 de xullo, polo que se nomean os vocais do Consello Rector da Escola Galega de Administración Pública, expertos no eido da Administración pública.

O artigo 7 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificado pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, establece no punto 3 c) que formarán parte como vocais do Consello Rector cinco expertos de recoñecido prestixio no campo da Administración pública, nomeados polo Consello da Xunta de Galicia.

De acordo co anterior, mediante o Decreto 290/1994, do 30 de setembro, efectuouse a designación, como vocais do Consello Rector da EGAP, de cinco expertos no eido da Administración pública.

Finalizado o mandato dos actuais membros do Consello Rector, segundo o disposto no artigo 7 da Lei 4/1987, procede agora efectua-la designación por un novo período de cinco expertos no eido da Administración pública como vocais do Consello Rector da EGAP.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear como vocais do Consello Rector da Escola Galega de Administración Pública, na súa calidade de expertos no eido da Administración pública a:

-José Luis Meilán Gil, catedrático de dereito administrativo da Universidade da Coruña.

-Gaspar Ariño Ortiz, catedrático de dereito administrativo da Universidade Autónoma de Madrid.

-José Luis Carro Fernández-Valmayor, catedrático de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

-Lorenzo Martín-Retortillo Baquer, catedrático de dereito administrativo da Universidade Complutense de Madrid.

-Álvaro Rodríguez Bereijo, catedrático de dereito financeiro e tributario da Universidade Autónoma de Madrid.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública