Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/515-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Arnego.

Domicilio social: Orillamar 88-90 portal 3 entreplanta B, 15001 A Courña.

Denominación: L.M.T. interconex. L.M.T. Portodemouros-liñas H. del Arnego.

Situación: concello de Agolada.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 515 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a liña propiedade de Unión Fenosa Portodemouros-Couso, no punto de manobra 36HD34 coa rede de M.T. propiedade de Hidroeléctrica del Arnego, no concello de Agolada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra