Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2003, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación -trámite de urxencia para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de nova estrada Meirama-A6 (enlace de Culleredo). Clave: AC/98/061.01, termos municipais de Cerceda, A Laracha e Culleredo.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 17 de setembro de 2002, procédese á aprobación do proxecto das obras: nova estrada Meirama-A6 (enlace de Culleredo). Clave: AC/98/061.01, termos municipais de Cerceda, A Laracha e Culleredo, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 5 de decembro de 2002 da Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade pública e á urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 350/2002, publicado en el DOG nº 245, de data 20 de decembro.

Na súa virtude e, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezcan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Cerceda.-Día: 18 de agosto de 2003.

Horario: de 10.00 a 13.00 horas.

Do: predio nº 1 ó 50.-Día: 19 de agosto de 2003.

Horario: de 9.00 a 13.00 horas.

Do: predio nº 51 ó 110.-Día: 20 de agosto de 2003.

Horario: de 9.00 a 13.00 horas.

Do: predio nº 111 ó 170.

-Día: 21 de agosto de 2003.

Horario: de 9.00 a 13.00 horas.

Do: predio nº 171 ó final.

Casa do Concello da Laracha.-Día: 22 de agosto de 2003.

Horario: de 9.00 a 13.00 horas.

Do: predio nº 1 ó 61.-Día: 25 de agosto de 2003.

Horario: de 9.00 a 13.00 horas.

Do: predio nº 62 ó final.

Casa do Concello de Culleredo.-Día: 26 de agosto de 2003.

Horario: de 9.00 a 13.00 horas.

Do: predio nº 1 ó 61.-Día: 27 de agosto de 2003.

Horario: de 9.00 a 13.00 horas.

Do: predio nº 62 a 122.-Día: 28 de agosto de 2003.

Horario: de 9.00 a 13.000 horas.

Do: predio nº 123 ó 183.-Día: 29 de agosto de 2003.

Horario: de 9.00 a 13.00 horas.

Do: predio nº 184 ó final.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostas nos concellos de Cerceda, A Laracha e Culleredo, e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia da Coruña, Praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o

fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia da Coruña, as alegacións que estimen pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 1 de xullo de 2003.

José Luis Rodríguez Alonso

Xefe do Servicio Provincial de Estradas da Coruña