Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de xuño de 2003, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona unha proposta de resolución de expediente sancionador pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Pérez Curto, Emilia).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase unha proposta de resolución dun expediente sancionador pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial de Lugo en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla 70-1ª, Lugo, das 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 26 de xuño de 2003.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Pérez Curto, Emilia, (34232987-V); r/ Ourense 102-1º, Monforte de Lemos, Lugo.

Procedemento: proposta de resolución de expediente sancionador por infracción tributaria grave. Expediente nº 27/2003/007.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA