Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.623

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de xullo de 2003 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron o procedemento selectivo convocado por Orde do 5 de marzo de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo), para o acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas.

De conformidade co disposto na base común 8, punto 4 da orde desta consellería do 11 de marzo de 2003, pola que se convocaba procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública no anexo desta orde a relación de aspirantes que superaron o procedemento

selectivo de acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas.

Segundo.-Os opositores aprobados deberán presentar ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, se non a tivesen presentado xa, a documentación que se relaciona na base común 9 da Orde do 11 de marzo de 2003, no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde.

Terceiro.-Os participantes nestes procedementos selectivos poderán retira-la documentación presentada, eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no Servicio de Profesorado de Ensinanza Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial desta consellería (San Caetano, Santiago de Compostela), no mes de outubro do presente ano.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nomeDNIPuntuac.

proba

Puntuac.

baremo

Puntuac.

total

Tuba

Galán Cervero, Raúl739428268,25004,000012,2500

Trompeta

Sánchez García, Gonzalo500705748,00006,400014,4000

Clarinete

San Ramón Calvo, Francisco207836625,33305,000010,3330

Guitarra

Evangelista Ventura, José Luis327462557,16705,400012,5670

Novio López, Valentín327581616,50004,200010,7000

Piano

Sastre Canzobre, María Victoria327480189,00008,450017,4500

Sánchez de Toca Acebal, Mª Teresa325766796,16706,200012,3670

Rodríguez García, Rosa María323466335,16705,300010,4670

Palleiro Mosquera, José Antonio324128965,00004,60009,6000