Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.604

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 24 de xuño de 2003, da Delegación Especial de Galicia, de notificacións pendentes.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se cita, a pesar dos dous intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio, relacionados no anexo adxunto, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pasen a retirar persoalmente ou

mediante representante as notificacións que se indican na Delegación Especial da AEAT en Galicia, de luns a venres, en horario das 9.00 as 14.00 horas, no lugar que se sinala, para o efecto de practica-la notificación do citado acto.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspeción (Urgge).

Lugar de comparecencia: r/ Comandante Fontanes, 10-5 planta, 15003 A Coruña.

A Coruña, 24 de xuño de 2003.

Dolores Sánchez Rodríguez

Xefa da Dependencia Rexional de Inspección

ANEXO

RELACIÓN DE CONTRIBUÍNTES QUE SE CITAN PARA SER NOTIFICADOS

POR COMPARECENCIA

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (Urgge).

Lugar de comparecencia: r/ Comandante Fontanes, 10-5ª planta, 15003 A Coruña.

InteresadoNIFProcedimiento

Alimentación Anda, S.L.B36032183Trámite de audiencia recarga por presentación fóra de prazo de modelo 332 (períodos: 4, 5, 7, 8 e 9 de 2002); modelo 218 (2P de 2002); modelo 111 (7 e 10 de 2002).

Comercial Oula, S.A.A36033512Requirimento modelo 347/2001.

Congelados Ice-Coruña, S.A.A15579394-Requirimento modelos 111 e 332 (período 12-2002)-Requirimento modelo 218 (1P e 2P de 2002).-Acordo baixa de oficio de gran empresa.

Ferleva, S.L.B36160745-Trámite de audiencia recarga por presentación fóra de prazo de modelo 320 (9 de 2002).-Requirimento modelo 320 (12-2002).-Requirimento modelos: 111 (11-2002), 218 (2P e 3P-2002), 320 (11-2002).

Fomento de Construcciones y ContratasG15604598Requirimento modelo 218 (3P-2002).

Golan Materiales de Construcción, S.L.B15538507Acordo rectificación sociedades 2001.

Regeslac, S.L.B36872554Requirimento modelo 347/2001.

Santaz Censa, S.A.A36653517Requirimento modelo 218 (1P-2002).

Transitaria de Alimentación, S.L.B36871176Requirimento modelo 347/2001.

Urdomar, S.L.B36619260Requirimentos:-Modelos 111 (07, 08, 09, 10, 11 e 12 de 2001).-Modelos 320 (09 e 11 de 2001).