Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2003 pola que se anuncia concurso, procedemento aberto, tramitación de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza da cidade infantil Príncipe Felipe.

Obxecto: a contratación do servicio de limpeza da cidade infantil Príncipe Felipe de conformidade co prego de prescricións técnicas que figura no expediente.

Tipo de licitación: fíxase en 436.174,20 euros/ano, IVE incluído (181.739,25 euros para o período de agosto a decembro de 2003).

Clasificación empresarial: grupo U, subgrupo 1, categoría C.

Plicas: durante os oito días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: fíxase a provisional no 2% do orzamento de licitación e a definitiva no 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da deputación. Tfno.: 986 80 41 01.

Pontevedra, 10 de xullo de 2003.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado