Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 94/183).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., CC.TT., R.B.T. Regueiro I e II.

Situación: Rianxo.

Descricións técnicas: dúas liñas eléctricas de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, con orixe na liña Rianxo-Regueiro.

Unha de 32 m de lonxitude, con remate no C.T. Regueiro I, outra de 53 m de lonxitude, con remate no C.T. Regueiro II.

Dous centros de transformación aéreos sobre apoios de formigón, con tensións de 20/0,380-0,220 kV e 100 kV en Regueiro II, con redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.049 m de lonxitude. Concello de Rianxo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 10 de xuño de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña