Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Rosal sur nº 2.
Situación: concello de Moaña.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V., de 545 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. Cangas 4 (CAG8041271) e remate na L.M.T.S. Cangas 4 (CAG8041272). C.T. de 630 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V situado na urbanización Rosal sur, no concello de Moaña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 3 de xuño de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra