Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/58-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., r/ Bonhome, 24.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña a 20 kV soterrada, de 14 m, derivada da L.M.T. soterrada ó C.T. avda. Zamora-1 e con remate na L.M.T. soterrada ó C.T. Nsa. Sra. do Cristal despois de alimenta-lo C.T. proxectado na planta baixa do edificio nº 24 da r/ Bonhome, con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de xuño de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense