Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.559

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de xullo de 2003 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D).

Presentada renuncia por Rafael Aguirrebengoa Esnaola, vocal titular en representación das organizacións sindicais do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), nomeado pola Orde do 3 de marzo de 2003 (DOG nº 49, do 11 de marzo), esta consellería, de conformidade co establecido na base III.4 da orde de convocatoria do referido proceso selectivo

DISPÓN:

Primeiro.-Acepta-la renuncia de Rafael Aguirrebengoa Esnaola, como vocal titular en representación das organizacións sindicais do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D).

Segundo.-Así mesmo, esta consellería dispón o nomeamento de Alexandre Prieto Giráldez, como vocal titular en representación das organizacións sindicais do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D).

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública