Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste Concello, en sesión do día 28 de marzo de 2003, acordou por unanimidade dos seus membros a aprobación inicial do proxecto do Plan parcial do sector S-04 Os Loureiros, presentado pola entidade Mahía Inmobiliaria, S.L.

O que se somete ó trámite de información pública, significando que durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, poderase examina-lo mencionado proxecto de plan parcial nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello de Ames, sitas na rúa Alcalde Lorenzo nº 2, de Bertamiráns, e presentar, se é o caso, as alegacións oportunas,

de conformidade co establecido no artigo 86.1º b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Simultaneamente notificaráselles individualmente a tódolos propietarios dos terreos afectados.

Ames, 3 de xullo de 2003.

Carlos A. Fernández Castro

Alcalde