Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de subministracións, polo procedemento aberto, para a subministración de aparellos para investigación e o equipamento con destino a distintos servicios médicos e cirúrxicos. (Plan de necesidades 2003)-Referencia C. 192 e 193/2003 respectivamente.

O director-xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

Nº referencia expediente: C. 192/2003.

Obxecto: aparellos para investigación:

-Un citómetro de fluxo (lote1) e un sistema de determinación de PCR a tempo real (lote 2).

Orzamento total: 116.994,00 euros.

Garantía provisional: 2.339,88 euros.

Nº referencia expediente: C. 193/2003.

Obxecto: equipamento con destino a distintos servicios médicos e cirúrxicos (Plan de necesidades 2003). -Medidor de fluxo para o Sº de Cirurxía Cardíaca (lote 1), anxiógrafo dixital para o Sº de Oftalmoloxía (lote 2), láser de Nd-Yag para o Sº de Oftalmoloxía (lote 3), cardiotocógrafo con pulsioximetría fetal e cardiotocógrafo sen pulsioximetría fetal para o Sº de Xinecoloxía e Obstetricia (lote 4), microscopio de parede para o Sº de Otorrinolaringoloxía (3 unidades) (lote 5) e unidade de registro de electroencefalografía para o Sº de Neurofisioloxía Clínica (lote 6).

Orzamento total: 183.755,00 euros.

Garantía provisional: 3.675,10 euros.

1. Forma de adxudicación: concursos, polo procedemento aberto, de subministracións.

2. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser

solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario (planta semisoto do edificio do hotel de doentes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 981 17 80 73, fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do sergas: http://www.sergas.es

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xestión do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (planta soto do hotel de doentes), a partir das 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 4 de xullo de 2003.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza

da Coruña