Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 28 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación La Amistad, número 7.000.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña fai saber que Manuel Mantiñán Mosquera, con domicilio na rúa Arcebispo Romero Lema 67, Baio, Zas, A Coruña, presentou nesta delegación provincial o día 12 de febreiro de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación La Amistad de 15 cuadrículas mineiras para recursos da sección C, nos termos municipais de Boiro, Lousame e Rianxo da provincia da Coruña, correspondéndolle o nº 7.000 da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

Vértice 1-8º 50'00''42º 44' 00''

Vértice 2-8º 49'00''42º 44' 00''

Vértice 3-8º 49'00''42º 42' 20''

Vértice 4-8º 50'00''42º 42' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que calquera que se considere interesado, interpoña reclamación no prazo de quince días hábiles, perante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

A Coruña, 28 de abril de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL