Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación de posición de liña 132 kV Pena da Loba na subestación Tesouro, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (A Coruña). (Expediente IN407A 03/84).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Endesa Distribución Eléctrica, S.L., con domicilio para efectos de notificacións en Paseo de

la Castellana, 95, 9ª planta-Torre Europa, 28046 Madrid, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data 28 de febreiro de 2002 a citada empresa solicita a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

* Cinco seccionadores trifásicos de liña con posta a terra, de by pass, de illamentos e dos motorizados de barras I e II, de 2.000 A.

* Interruptor automático de 145 kV e 3.150 A.

* Catro transformadores de intensidade.

* Aparellaxe para protección, sinalización, telemando e medida.

A ampliación sitúase no lugar de Tesouro, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, a trámite de información pública mediante Resolución do 13 de marzo de 2003, publicada no DOG do 31 de marzo, no BOP da Coruña do 9 de abril e na Delegación Provincial de Industria da Coruña.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Industria da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, xa citados.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a ampliación posición de liña 132 kV Pena da Loba na subestación Tesouro no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comer

cio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas