Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.468

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de xuño de 2003 pola que se modifica a autorización do centro privado Daniel Castelao de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente presentado por Víctor Chinchilla Galindo, no que solicita autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior de xestión comercial e mercadotecnia, e información e comercialización turísticas en quenda de tarde-noite no centro privado Daniel Castelao de Vigo (Pontevedra).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 296/1999 (DOG do 18 novembro), polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros

docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Daniel Castelao de Vigo (Pontevedra) para imparti-los ciclos formativos de grao superior de xestión comercial e mercadotecnia, e información e comercialización turísticas en quenda de tarde-noite, segundo se especifíca no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a

relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: r/ García Barbón nº 50 baixo, local 1.

Código do centro: 36011853.

Denominación: Centro privado Daniel Castelao.

Titular: Cebem FP, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Quenda de tarde-noite:

Familia profesional: Comercio e mercadotecnia.

1 ciclo formativo de grao superior de xestión comercial e mercadotecnia (1 unidade para 30 alumnos).

Familia profesional: hostalería e turismo.

1 ciclo formativo de grao superior de información e comercialización turísticas (1 unidade para 30 alumnos).

Composición resultante:

Quenda de mañá:

2 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

2 ciclos formativos de grao medio de comercio (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

Quenda de tarde-noite:

1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de xestión comercial e mercadotecnia (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de información e comercialización turísticas (1 unidade para 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL