Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.467

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 13 de xuño de 2003 pola que se dictan instruccións para a elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 121, do martes 24 de xuño de 2003, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxima 8.301, na primeira columna e liña 57, onde di: «Sección 08.-Consellería de Industria e Comercio», debe dicir: «Sección 08.-Consellería de Innovación, Industria e Comercio».

Na páxima 8.301, na segunda columna e liña 43, onde di: «Servicio 02.-Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local» debe dicir: «Servicio 02.-Dirección Xeral de Xustiza».

Na páxina 8.302, na primeira columna, despois da liña 42, insírase o seguinte parágrafo:

«-Dependente da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Organismo autónomo 50.-Instituto Galego de Consumo».