Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 13 do Plan Xeral de Ordenación Urbana-rúa Pedra do Lagarto.

O Pleno da Corporación, en sesión do 29-3-2003, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación defintiva o Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 13 do PXOU-r/ Pedra do Lagarto, sendo este instrumento urbanístico de desenvolvemento, formulado mediante iniciativa particular por Eugenio Sobral Fernández e outros; o proxecto refundido redactado polo arquitecto Isidoro Callejo Rey, con data de visado colexial do 29-10-2002, e anexo ó proxecto, da mesma autoría e con data de visado colexial do 18-3-2003, que reforma e anula os documentos correlativos do plan especial anteriores, atendendo as observacións formuladas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, desestimándose as alegacións formuladas por Isabel Cubela Vidal e outros e Rafael Córdoba Piñeiro con base no informe emitido polo arquitecto da Oficina Técnica de Planeamento e Xestión Urbanística o 24-6-2002, que se incorpora ó texto deste como fundamento con base no artigo 89.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, e con fudamento na propia potestade de planeamento municipal, facéndose constar expresamente as seguintes observacións impostas pola Dirección Xeral de Urbanismo en informe do 28-2-2003.

Execución: de acordo co previsto na disposición transitoria primeira, 1ª c), por tratarse de solo urbano non consolidado dun planeamento non adaptado á Lei 1/1997, é preciso recordar que se deberá executar nas súas previsións no prazo máximo de dous anos a partir do 1 de xaneiro de 2003, xa que trans

corrido o dito prazo sen que fose completamente executado, serán de aplicación os estándares mínimos para dotacións e os límites de edificabilidade establecida para solo urbano non consolidado na Lei 9/2000.

Réxime xurídico do solo: por tratarse de solo urbano non consolidado con execución con base nun planeamento tramitado ó amparo da Lei 1/1997, do solo de Galicia, conforme o disposto pola disposición transitoria terceira da vixente Lei 9/2002, o réxime xurídico do solo será o establecido nela conforme o disposto na disposición transitoria segunda, 1º b) da precitada Lei 1/1997.

Faise constar expresamente que no plano P-1 visado colexialmente o 29-10-2002, onde se indica planta 1ª existe un erro, debendo entenderse referida á planta baixa 1ª para garanti-la conexión coa rúa Alfredo Brañas.

Segundo.-Significarlles ós promotores que, seguindo o artigo 132 do Regulamento de planeamento urbanístico, mesmo cando o expediente do PERI está formalmente completo, ante as sucesivas modificacións e adicións producidas, se deberá achegar un texto unificado dos documentos visados o 29-10-2002 e 18-3-2003 que incorporará plano P-1 corrixido, consonte o expresado no punto anterior, polo que se fai constar por este acordo de aprobación definitiva que este instrumento urbanístico de desenvolvemento do carácter xeral non entrará en vigor mentres non se presente o devandito documento recompilatorio, o cal terá que recibir informe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión Urbanística, para acreditar que integre toda a documentación urbanística e de ordenación sucesivamente presentada e reunificada nun único documento, do cal se dará conta á Administración urbanística autonómica e para xeral coñecemento nos anuncios oficiais, preceptivos e previos para a entrada en vigor do

planeamento e para a debida executividade que despregará como disposición de carácter xeral.»

Faise constar expresamente que se remitiu a documentación á que se refire o artigo 92.3º da Lei 9/2002 á CPTOPV, que tivo entrada nese organismo o 5-6-2003.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer directamente os que se consideran lexitimados o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10-1-6) e 46-1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedentes conforme a dereito significándolles que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 6 de xuño de 2003.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente