Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO.

No BOP da Coruña número 127, do 5 de xuño de 2003, publícanse integramente as bases da convocatoria unitaria e cada unha das específicas para prover en propiedade as seguintes prazas incluídas na oferta de emprego de 2003:

2 prazas de auxiliar administrativo de Admón. xeral, persoal funcionario, escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Oposición libre.

1 praza de auxiliar de normalización lingüística, persoal funcionario, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase de cometidos especiais. Concurso-oposición libre.

3 prazas de gardas da policía local, persoal funcionario, escala de Administración especial, clase policía local. Oposición libre.

1 praza de operario de obras e servicios, persoal funcionario, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios. Concurso-oposición libre.

1 praza de psicólogo, persoal laboral fixo; titulación: licenciado en psicoloxía. Concurso-oposición libre.

1 praza de animador sociocultural, persoal laboral fixo; titulación: diplomado universitario. Concurso-oposición libre.

3 prazas de peóns especialistas do GRUMIR, persoal laboral fixo; titulación: certificado de escolaridade ou equivalente. Concurso-oposición libre.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Miño, 9 de xuño de 2003.

Deogracias Romeu López

Alcalde-presidente