Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2003 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de subministración que ten por obxecto o mobiliario das oficinas administrativas e despachos dos presidentes das dezaoito federacións deportivas galegas con sede na cidade de Vigo (Pontevedra).

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante resolución con data do 27 de xuño de 2003, procédese agora a efectua-lo anuncio de licitación deste.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral para o Deporte.

c) Número de expediente: 16/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario das oficinas administrativas e despachos dos presidentes das dezaoito (18) federacións deportivas galegas con sede na cidade de Vigo (Pontevedra).

b) Prazo de execución: dous (2) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincuenta e sete mil trescentos setenta e tres euros con sesenta céntimos, IVE incluído (57.373,60 A).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: catro por cento (4%) do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Infraestructuras Deportivas da Dirección Xeral para o Deporte.

b) Enderezo: Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15890.

d) Teléfono: 981 54 26 26.

e) Fax: 981 54 26 39.

f) Data límite da obtención de documentación e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9.00 a 14.00 horas.

g) Tamén se poderán solicita-los pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2792.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase por tódolos medios enumerados no punto 16.2º da folla de especificacións.

b) Solvencia técnica ou profesional: acreditarase por tódolos medios enumerados no punto 17.2º da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo (8) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na cara do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e no Rexistro de Documentos da Dirección Xeral para o Deporte.

2. Enderezo: San Caetano s/n e estadio Multiúsos San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15781 e 15890.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: 981 54 26 39, ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: admitiranse as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15781.

d) Data de apertura: quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado