De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución de reintegro de cantidades indebidamente percibidas en concepto de axudas compensatorias derivadas do accidente do buque Prestige.
Os interesados poderán presentar recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdicción contencioso-administrativa, e poderán presentar, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que dictou a resolución, de conformidade coa Lei 29/1998 do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e a Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2003.
Andrés Hermida Trastoy
Director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca
ANEXO
Expediente: rein 31-3-2003.
Interesado: José Álvarez Sampedro.
Último enderezo coñecido: Carreira, Cruceiro 15967 Ribeira-A Coruña.
DNI: 33207919-J.
Data da resolución: 28-5-2003.
Preceptos legais aplicables: artigos 1 e 5 da Orde do 18 de novembro de 2002, artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro e Decreto 287/2000, do 21 de novembro.
Feito que dá lugar ó reintegro da axuda: barco pescando desde o 6-1-2003.
Cantidade para reintegrar: 1.000 euros.
Expediente: rein 31-3-2003.
Interesado: Domingo Pérez Oujo.
Último enderezo coñecido: García Bayón, 1-8º A 15960 Ribeira-A Coruña.
DNI: 33210037-S.
Data da resolución: 28-5-2003.
Preceptos legais aplicables: artigos 1 e 5 da Orde do 18 de novembro de 2002, artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro e Decreto 287/2000, do 21 de novembro.
Feito que dá lugar ó reintegro da axuda: barco pescando desde o 6-1-2003.
Cantidade para reintegrar: 1.000 euros.
CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE
E VOLUNTARIADO