Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.404

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 4 de xullo de 2003 pola que nomean vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

O Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a regulación do Consello Galego de Medio Ambiente, determinando que serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo terceiro, todos eles con especial vinculación coa protección do medio.

Por outra banda o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Medio Ambiente aprobado en pleno o 12 de abril de 1996, establece a posibilidade de cesa-los seus membros por proposta das organizacións, institucións ou autoridades que promoveron o seu nomeamento, debendo presenta-la oportuna proposta de novo nomeamento ó presidente do consello, polo que, solicitado polo órgano autonómico sectorial competente en materia de saúde pública ambiental o cesamento do vocal suplente, procede acordar e nomea-lo novo representante proposto.

Por todo isto, en uso da atribución outorgada polo artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, modificado polo Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese como vocal do Consello Galego de Medio Ambiente en representación do órgano autonómico

sectorial en materia de saúde pública ambiental, agradecéndolle os servicios prestados, Mª Carmen Sánchez Barral.

Artigo 2º

Designar como vocal suplente do Consello Galego de Medio Ambiente en representación do órgano autonómico sectorial en materia de ambiente, por proposta del e en substitución do que causa baixa pola presente orde, a persoa que a continuación se relaciona:

-María Couceiro Méndez.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente