Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria realizada o día 20 de maio de 2003, aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Carballo.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sinalando que contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, e de acordo co disposto no artigo 85.9º da Lei 9/2002, en relación cos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste acordo, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden conveniente.

Carballo, 3 de xuño de 2003.

Manuel Varela Rey

Alcalde