Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003 pola que se anuncia a contratación de expedientes polo procedemento de concurso público, procedemento aberto, trámite urxente.

-Subministracións.

Expediente nº: 045/2003.

Obxecto: equipamento de plató. Facultade de Ciencias da Comunicación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 58.970 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 1.179,40 euros.

Prazo de entrega: 15 días.

Expediente nº: 047/2003.

Obxecto: módulos fotovoltaicos para o experimento de raios cósmicos Pierre Auger.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 210.000 euros, sen IVE.

Garantía provisional: 4.000 euros.

Prazo de entrega: 15 días.

-Concurso público, procedemento aberto, trámite ordinario.

Asistencias técnicas e servicios.

Expediente nº: 403/2003.

Obxecto: revisión do planeamento urbanístico do campus sur.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 127.341,90 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 2.546,84 euros.

Prazo de execución: o definido no prego de características técnicas.

-Poxa pública, procedemento aberto, trámite ordinario.

Expediente nº: 049/2003.

Obxecto: licencia Microsoft Campus.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 108.182,18 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 2.163,64 euros.

Prazo de execución: 1 ano.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que se entregarán: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega: Santiago de Compostela/Lugo.

d) Prazos de entrega: os mencionados para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público, poxa.

4. Orzamentos de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías.

Provisionais: as especificadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Unidixital Rosalía de Castro 45, 15706 Santiago de Compostela, (teléfono 981 55 30 32, correo electrónico info*unidixital.com) ou na copistería Unicopia avenida de Madrid 11-15, 27002 Lugo (teléfono 982 28 03 85).

Obtención de información.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade e código postal: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00, extensión 11260.

e) Fax: 981 54 70 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para os expedientes 045/2003 e 047/2003 e o décimo quinto día natural seguinte para os expedientes 403/2003 e 049/2003.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario

Oficial de Galicia para os expedientes 045/2003 e 047/2003 e o décimo quinto día seguinte para os expedientes 403/2003 e 049/2003.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, Rexistro Xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Localidade e código postal: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral, servicios centrais do Campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

Domicilio: Polígono de Fingoi, s/n.

Localidade e código postal: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións para cada expediente. Se este día fose inhábil ou coincidise en sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

P.D. (Resolución do 10 de xullo de 2002)

Miguel A. Vázquez Taín

Vicerrector de Economía e Financiamento