A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca os seguintes concursos públicos:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións (Unidade de Contratación).
c) Número de expediente:
* C.P. 55/2003. Subministracións sucesivas.
2. Obxecto da contratación.
a) Descrición do obxecto:
* C.P. 55/2003. Sensores de pulsioximetría.
b) Número de unidades que se van entregar:
* C.P. 55/2003. Punto 8.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) División por lotes e número:
* C.P. 55/2003. Punto 8.1 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de entrega:
* C.P. 55/2003. Almacén xeral-Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
e) Plazo de entrega:
* C.P. 55/2003. Punto 7.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.
a) Tramitación:
* C.P. 55/2003. Ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Modalidade: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
* C.P. 55/2003. 391.123,80 A.
5. Garantía provisional.
* C.P. 55/2003. 2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre. (Ve-la folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.
c) Localidade e código postal: Ferrol (15405).
d) Teléfono: 981 33 45 14.
e) Fax: 981 33 45 50.
f) Data límite de obtención de documentos e información: 4 de agosto de 2003.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional:
* C.P. 52/2003. As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 11 de agosto de 2003.
b) Documentación que hai que presentar:
* C.P. 55/2003. A especificada no punto 5 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
2. Domicilio: Estrada de San Pedro, s/n.
3. Localidade e código postal: Ferrol (15405).
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (C.P. 55/2003): 3 meses desde a data de apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes (C.P. 55/2003): admitirase a presentación de dúas variantes.
9. Apertura das proposicións.
a) Entidade: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
b) Domicilio: Estrada de San Pedro, s/n.
c) Localidade: Ferrol.
d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de oferta. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte. 22 de agosto de 2003.
e) Hora: a partir das 10.00 horas.
10. Outras informacións.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.
Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 11 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.
* C.P. 55/2003. 2.700,00 A.
Ferrol, 10 de xuño de 2003.
Pedro Molina Coll
Director xerente do Complexo Hospitalario
Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos
de Ferrol