Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2003 Páx. 9.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para a realización de auditorías para o Instituto Galego de Promoción Económica do exercicio 2003 e do exercicio 2004 e informe para cada exercicio da avaliación do sistema de control interno do instituto e suxestións de mellora deste.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para a realización de auditorías para o Igape do exercicio 2003 e do exercicio 2004 e informe para cada exercicio da avaliación do sistema de control interno do instituto e suxestións de mellora deste. (CP 7/2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: CP 7/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a realización de auditorías para o Igape do exercicio 2003 e do exercicio 2004 e informe para cada exercicio da avaliación do sistema de control interno do instituto e suxestións de mellora deste.

b) Lugar de execución: Igape.

c) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses):

-Auditoría financeira 2004 e informe avaliación do sistema de control interno e suxestións ata o 31-3-2005.

-Auditoría financeira 2003 e informe avaliación do sistema de control interno e suxestións ata o 31-3-2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 35.000 euros IVE incluído, correspondendo a 17.500 A por cada auditoría financeira e informe da avaliación do sistema de control interno do instituto e suxestións de mellora.

5. Garantía provisional: 700 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría). Non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: contar con suficiente solvencia económica e contar con experiencia en traballos de auditoría en sector ou entidades públicas (experiencia previa da licitante e mínimo 5 auditorías para o persoal encargado da execución do contrato), o que se acreditará coa documentación especificada na cláusula C da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará as catorce horas do oitavo día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación: en sobre pechado e sellado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter

entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura das ofertas técnica e económica.

e) Hora: 12.00.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: 1.400 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. No caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica