Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.270

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2003 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 19 de maio de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 13 de xuño) pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros na da resolución desta universidade do 19 de maio de 2003 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado ó abeiro do previsto no art. 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa rectificación nos seguintes termos:

Na praza nº 01/217.- Onde di: «Navarro Gómez, M. Victoria. Profesora titular de escola universitaria, Universidade de Granada», debe dicir: «Navarro Gómez, M. Victoria, profesora titular de escola universitaria, Universidade de Barcelona».

A Coruña, 24 de xuño de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña