Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.258

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xuño de 2003 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria do Carril-Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º, do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG do 9 de agosto de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Localidade: Vilagarcía de Arousa.

Código do centro: 36018380.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria do Carril.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Miguel Ángel González Estévez.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO