Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.258

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 7 de xullo de 2003 pola que se nomean os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

Polo Decreto 198/1998, do 25 de xullo (DOG do 6 de xuño), constituíuse o Comité Galego de Xustiza Deportiva e estableceuse o procedemento para a designación dos seus membros.

En cumprimento do establecido no artigo 9 do citado decreto,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 4 do mencionado decreto, noméanse, por proposta do director xeral para o Deporte, en representación das federacións deportivas galegas, as seguintes persoas como titulares do Comité Galego de Xustiza Deportiva:

-Francisco Javier Costas Portela.

-Germán Rodríguez Conchado.

E como suplentes:

1. Ana Marta Landesa Santorio.

2. Ramón Méndez Tojo.

Noméase, por proposta da Dirección Xeral para o Deporte, as seguintes persoas como titulares do dito comité:

-Julio Pedrosa Vicente.

-Roberto Pérez López.

-José Ramón Varela Puga.

E como suplentes:

1. José María Criado del Rey.

2. Marta Arnejo Grille.

3. Ángel González Quintas.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado