Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

ANUNCIO.

Por resolución desta alcaldía, do 29 de maio de 2003, aprobáronse as bases para a provisión, por promoción interna, mediante concurso-oposición, dunha praza de auxiliar, pertencente a escala de Administración xeral, subescala auxiliar, vacante no cadro de funcionarios deste concello e incluída na oferta de emprego público do actual ano.

No BOP número 134, do 13 do actual e no taboleiro de anuncios do concello publícanse integramente as bases e os programas da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Xermade, 13 de xuño de 2003.

Manuel González Fernández

Alcalde