Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOÉN

ANUNCIO de licitación.

Por decreto da alcaldía do 5 de xuño de 2003, préstase aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento para contratación das obras que se indican, o cal se expón ó público por prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, computándose para efectos de prazos a última publicación de ambas, para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario de presentarse reclamacións ó prego.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Toén, r/ Ribadela, 1, 32930 Toén (Ourense).

2. Obxecto do contrato: obras de abastecemento e saneamento en Feá e Alongos, conforme o prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes, e aprobado pola Alcaldía con data 8 de maio de 2003.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 99.988 A, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de información e documentación: na Secretaría do Concello de Toén, r/ Ribadela, 1, 32930 Toén (Ourense). Telf. 988 26 10 74/fax 988 26 12 72.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no rexistro xeral do Concello de Toén, durante os trece días naturais, desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns en que apareza (BOP ou DOG) de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. Atópase o proxecto técnico na Copistería Copyplaza, S.L., situada na Praza Maior de Ourense, nº 8, así como o prego de condicións que rexerán a contratación para efectos de obtención de copias.

b) Documentación que hai que presentar: proposición para tomar parte na licitación para a contratación das obras de abastecemento e saneamento en Feá e Alongos, nº 235, do P.O.L. 2003, polo procedemento aberto mediante concurso, convocado polo Concello de Toén.

Constarán de dous sobres cerrados A e B, nos que conterán a documentación sinalada na cláusula XVIII do prego de condicións administrativas particulares, denominados:

Sobre A) Documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada.

Sobre B) Oferta económica e criterios diferentes ó do prezo.

9. Apertura de plicas: ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, considerándose para este caso inhábil o sábado.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Toén, 11 de xuño de 2003.

José Puga Suárez

Alcalde