Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de xuño de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados as propostas de resolución dos expedientes sancionadores VP-C 2/2003 e VP-C 3/2003.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados as propostas de resolución dos expedientes sancionadores VP-C 2/2003 e 3/2003 que se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccions en materia de vivenda.

Á dita infracción o instructor do expediente propón a sanción de multa de 601,02 euros, sen prexuízo da obriga de destina-las vivendas a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déase traslado ós interesados concedéndolles un prazo de 15 días para formularen alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que coiden pertinentes. As presentes propostas non son susceptibles de recurso.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 20 de xuño de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 2/2003.

Manuel Fernández Domínguez.

R/ Celso Emilio Ferreiro, bloque 1-baixo A, Santiago de Compostela.

Sanción: 601,02 euros.

VP-C 3/2003.

Enrique González Rodríguez.

R/ Tulipanes, bloque 38, portal 21-7º D, Barrio das Flores.

Sanción: 601,02 euros.