Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de xuño de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións de contratos por falta de pagamento e lanzamentos das vivendas ós debedores que se relacionan (expediente C-2-IV/1975, conta 33 e outro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó amparo do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1968, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado polo nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, procederase ó lanzamento da vivenda por funcionario nomeado para o efecto e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselles ós interesados que, conforme ó establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda, con recarga do 10%, así como as cotas da comunidade que tiveran pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

A resolución firme do contrato implicará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 18 de xuño de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Mª Antonia Alvite Patiño e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/1975 (FP 7/2003).

Conta: 33.

Avda. de Castelao, nº 9-1º A, polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe da débeda: 19.541,34 euros.

Herdeiros de Manuel Cobelo Martínez e Pilar Roquer Rodríguez.

Expediente: C-109-CD/1967 (FP 9/2003).

Conta: 231,

R/ Lepanto, bloque 33, P-10, 8º dta. (Ferrol).

Importe da débeda: 157,28 euros.