Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/301-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. urbanización A Pousa II.

Situación: concello de Tui.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea a 20 kV con conductor R.H.V. de 328 m de lonxitude, con orixe no C.T. nº 1 urbanización A Pousa e remate no C.T. nº 2 que se proxecta, de 400 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, situado na urbanización A Pousa do Bispo, na parroquia de Randufe, concello de Tui. R.B.T. subterránea de 1.200 m de lonxitude con conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra