Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizada por acordo desta dirección xeral, do 19 de maio de 2003, o alleamento en poxa pública do ben embargado no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da

propiedade do debedor Victorino Serén Modia con NIF: 33576200-H que a continuación se describe:

Lote 1:

Urbana, vivenda residencia sita no lugar de Xuriz, parroquia de San Román de Guntín, cunha superficie de 145 m. Linda por tódolos seus ventos co predio no que radica. Ref. catastral 000300900PH05E 0001/TU.

Valor: 20.956,26 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 20.956,26 euros.

Lote 2:

Rústica Campizos destinado a matorral, e sito no municipio de Guntín, cunha superficie de 0,2313 ha. Lindeiros: noroeste, parc. 4, pol. 45, sitio Leira do Agro de López Lamas Jaime; noroeste, parc. 7, pol. 45, sitio Ideira de Antonio Pardo Rodríguez e parc. 8, pol. 45, sitio Idreira de Jesús Carreira Villar e sur, parc. 51, pol. 45, sitio Chousa de Arriba de García Marqués, Eugenia Victoria. Ref. catastral 27023A045000050000OA.

Valor: 2.313,00 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 2.313, 00 euros.

Lote 3:

Rústica As Granxas, destinado a carballeira e sito en Guntín, cunha superficie de 0,1626 ha. Lindeiros: norte, parc. 9002, camiño; sur parc. 74, pol. 46, sitio Granxas de Dolores Neira Roca; leste parc 9002, camiño; e oeste, parc. 12, pol. 46, sitio Granxas de Riba de Áurea Ascariz Rivas e parc. 16, pol. 46, sitio As Granxas de Antonio Pardo Rodriguez. Ref. catastral 27023A0460001130000OW.

Valor: 975,60 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 975,60 euros.

Lote 4:

Rústica Plumal, destinado a prado e matorral e sito no municipio de Guntín, cunha superficie de 0,4754 ha. Lindeiros: norte, parc. 34, pol. 46, sitio Agro do Goi de Áurea Ascariz Rivas; sur e leste, camiño e oeste, parc. 32, pol. 46, sitio Cortiña Pondal de Teresa Rodríguez López. Ref. catastral 27023A046000330000OD.

Valor: 4.754,00 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 4.754,00 euros.

Lote 5:

Rústica Goi, destinado a prado e sito en Guntín, cunha superficie de 0,3412 ha. Lindeiros: norte, parc. 25, pol. 46, sitio Castubillo de Luis Vilar Pérez e camiño; sur parc. 40, pol. 46, sitio Goi de Jesusa Marqués Rodríguez; leste, parc. 42, pol. 46, sitio

de Manuel Carreira Carballal e parc. 43, pol. 46, sitio Goi de Francisco Hortas Pérez; e oeste, parc. 38, pol. 46, sitio Goi de Antonio Pardo Rodríguez. Ref. catastral 27023A046000410000OS.

Valor: 2.729,60 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 2.729,60 euros.

Lote 6:

Rústica Tralos Hortos, destinado a prado e castiñeiro e sito en Guntín, cunha superficie de 0,4800 ha. Lindeiros: norte parc. 3, pol. 51, sitio Prado do Muíño de Antonio Pardo Rodríguez; sur, parc. 1, pol. 51, sitio Tras das de Carmen Fernández Lopez; leste parc. 9002, camiño e oeste, parc. 9003, camiño. Ref. catastral 27023A051000060000OY.

Valor: 3.840,00 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 3.840,00 euros.

Lote 7:

Rústica Castuillo, destinado a árbores de ribeira e sito no municipio de Guntín, cunha superficie de 0,2905 ha. Lindeiros: norte, parc. 7, pol. 51, sitio Cornello de Luis Villar Pérez; sur, parc. 3, pol. 51, sitio Prado do Muíño de Antonio Pardo Rodríguez; leste, parc. 3, pol. 51, sitio Prado do Muíño de Antonio Pardo Rodríguez; parc. 5, pol. 51, sitio Chousa de Abaixo de Jesús Carreira Villar e parc. 8, pol. 51, sitio Chousa de Antonio Pardo Rodríguez e oeste, parc. 9003, camiño. Ref. catastral 27023A051000060000OL.

Valor: 1.743,00 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 1.743,00 euros.

Lote 8:

Rústica Santos, destinado a matorral, carballeira, árbores de ribeira e improductivo e sito en Guntín, cunha superficie de 4,3515 ha. Lindeiros: norte, parc. 9, pol. 52, sitio Pedreira de Manuel Rodríguez Pérez e parc.9002, camiño; sur, parc. 1, pol. 52, sitio Zarra Vella de Antonio López Pérez; leste, parc. 4, pol. 52, sitio Calvio de José Doel Carreira e oeste, parc. 12, pol. 52, sitio Prado de Abaixo de Francisco Hortas Pérez, parc. 19, pol. 52, sitio Regueiro Seco de Manuel Rodríguez Pérez e parc. 20, pol. 52, sitio Regueiro Seco de Jesús Carreira Villar. Ref. catastral 27023A052000080000OY.

Valor: 32.636,25 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 32.636,25 euros.

Lote 9:

Rústica Baixo das Cortiñas, destinado a prado e sito no municipio de Guntín, cunha superficie de 0,0987 ha. Lindeiros: noroeste, parc. 104, pol. 52, sitio Cortiña de Abaixo de Jesusa Marqués Rodríguez; sur parc. 30, pol. 52, sitio Agro Sil de Francisco Hortas Pérez

e parc. 37, pol. 52, sitio Limpadoiro de Pilar Arias Fuentes; leste parc. 28, pol. 52, sitio Pedregosa de Francisco Hortas Pérez e oeste, parc. 104, pol. 52, sitio Cortiña Abaixo de Jesusa Marqués Rodriguez. Ref. catastral 27023A052000290000OE.

Valor: 789,60 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 789,60 euros.

Lote 10:

Rústica Leira do Camiño, destinado a prado e sito en Guntín, cunha superficie de 0,0686 ha. Lindeiros: norte, parc. 36, pol. 52, sitio Ribeira de Francisco Hortas Pérez; sur, parc. 64, pol. 52, sitio Campizos de Francisco Hortas Pérez; leste, parc. 42, pol. 52, sitio Agro de Abaixo de Jesusa Marqués Rodríguez e oeste, parc. 37, pol. 52, sitio Limpiadoioro de Pilar Arias Fuentes e parc. 40, pol. 52, sitio Agro de Abaixo de Jesusa Marqués Rodríguez. Ref. catastral 27023A052000410000OA.

Valor: 548,80 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 548,80.

Lote 11:

Rústica Forxa, destinado a prado e sito en Guntín, cunha superficie de 0,0111 ha. Lindeiros: norte, parc. 87, pol. 52, sitio Cortiña de Álvaro Santos Salgado; sur parc. 90, pol. 52, sitio Cortiña de Pilar Arias Fuentes; leste parc. 89, pol. 52, sitio Tellados de Esperanza Carreira Mejuto. Ref. catastral 27023A052000880000OR.

Valor: 133,20 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 133,20 euros.

Lote 12:

Rústica Tellados, destinado a prado e diseminado urbano, sito en Guntín, cunha superficie de 0,3562 ha. Lindeiros: Norte, parc. 93, pol. 52, sitio Cortiña Forxa de Manuel Rodríguez Pérez e parc. 107, pol. 52, sitio Casa Vella de Francisco Hortas Pérez; sur, parc. 38, pol. 52, sitio Agro de Abaixo de Jesusa Marqués Rodríguez e parc. 9006, camiño; leste, parc. 102, pol. 52, sitio Tellados de Pilar Arias Fuentes; parc. 103, pol. 52, sitio Tellados de Mº Teresa Fernández Vidal, parc. 104, pol. 52, sitio Cortiña Abaixo de Jesusa Marqués Rodríguez e parc. 105, pol. 52, sitio Tellados de Eugenia Victoria García Marqués; e oeste, parc. 96, pol. 52, sitio Tellados de Esperanza Carreira Mejuto, part. 97, pol. 52, sitio Cortiña de Álvaro Santos Salgado, parc. 98, pol. 52, sitio Aira de Julio Ascariz Teijeiro, parc. 99, pol. 52, sitio Prado da Porta de Luis Carreira Vázquez e parc. 100, pol. 52, sitio Pradelo de Mª Teresa Fernández Vidal. Ref. catastral 27023A052000950000OJ.

Valor: 10.686,00 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 10.686,00 euros.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

DISPOÑO:

Que o día 2 de setembro de 2003 ás 10.00 horas na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1º Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación. En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos