Autorizada por acordo desta dirección xeral, do 23 de maio de 2003, o alleamento en poxa pública do ben embargado no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor Santiago Paz Fernández con NIF: 33827521H-M que a continuación se describe:
Lote 1:
Urbana. Unha/dezaseisava parte indivisa deste predio concretado na praza de garaxe nº 5 da casa en Lugo, rúa Rio Navia nº 61. Titularidade: Santiago Paz Fernández, por título de manifestación e aceptación da herdanza. Rexistro de Lugo, Predio nº 40710, tomo 1055, libro 616, folio 91.
Valor: 7.433,48 euros.
Cargas: sen cargas.
Tipo: 7.433,48.
Lote 2:
Urbana. Piso vivenda tipo D, sita na planta primeira alta de vivendas da casa en Lugo, rúa Río Navia 61. Ocupa unha superficie aproximada de 104 m e 59 dm. Perténcelle como anexo o rocho nº 4 no desván. Titularidade: Santiago Paz Fernández, por título de manifestación e aceptación da herdanza. Predio nº 40740, tomo 1137, libro 698, folio 84, Rexistro de Lugo.
Valor: 82.077,15 euros.
Cargas: 42.444,54 euros.
Tipo: 39.632,61 euros.
De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona
DISPOÑO:
Que o día 1 de setembro de 2003 ás 10.00 horas na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.
Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:
1º Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.
2º Que a poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.
3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.
4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo
do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.
5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.
6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.
7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.
A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.
O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.
8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.
9º O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación. En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2003.
Joaquín Caballero Miranda
Director xeral de Tributos