Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 299/2003, do 26 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, no expediente de expropiación forzosa, dos terreos necesarios para proseguir cos labores de explotación da concesión mineira La Ilusión, Fracción Primera, número 5356.1, situada en Quiroga (Lugo), solicitada pola sociedade Pebosa, S.A.

Bernardino Borrajo Delgado en nome e representación da sociedade Pebosa, S.A. solicitou da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, a incoación dun expediente de expropiación forzosa polo procedemento de urxencia dos terreos necesarios para prosegui-los labores de explotación da concesión mineira La Ilusión, Fracción Primera, nº 5356.1, situada no termo municipal de Quiroga, da provincia de Lugo.

Os bens ós que fai referencia a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente, o cal foi sometido ó trámite de información pública, sendo ademais realizadas notificacións individuais ós interesados dos predios afectados.

A solicitude foi efectuada conforme o disposto no artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo de l973, de minas, en relación co artigo 131 do Regulamento que desenvolve a dita lei, así como o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e o artigo 56 do seu regulamento, do 28 de abril de 1957.

Como consecuencia da información pública e da notificación individual, non foron presentadas alegacións.

A expropiación está xustificada e é de todo punto necesaria e ademais polo procedemento de urxencia, xa que permitirá prosegui-lo aproveitamento racional do xácigo mantendo as regulamentarias condicións de seguridade mineira.

De acordo co Plan de labores presentado e aprobado, o predio obxecto de expropiación está afectado para realiza-las labores de canalización do río Pacios, segundo o proxecto autorizado pola Confe

deración Hidrográfica del Norte, co fin de proceder á ampliación da entulleira da explotación mineira, necesaria para garanti-la súa estabilidade e seguridade, sendo esta a única alternativa posible para mante-la actividade da explotación, polo que a desestimación da petición implicaría graves trastornos ó concesionario, tanto de orde técnica e económica, como de seguridade, segundo o sinalado precedentemente, así como unha influencia negativa na economía da comarca polo impacto que nela causaría a perda de postos de traballo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Innovación, Industria e Comercio e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinteseis de xuño de dous mil tres

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase urxente, segundo o mencionado artigo 105 da Lei de minas e para os efectos dispostos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, a ocupación do predio anteriormente citado, situado no termo municipal de Quiroga (Lugo), definido nos planos presentados e do que se publicou a súa relación nos boletíns mencionados, predio que é necesario expropiar para dar continuidade ó laboreo da concesión mineira La Ilusión, Fracción Primera, nº 5356.1.

Santiago de Compostela, vinteseis de xuño de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio