Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 8 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios relacionado no anexo, de referencia OU 527/02 IN e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se menciona, a resolución do expediente sancionador correspondente, por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense

ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non se interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facerse dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Prazos establecidos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

-As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

-As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presentase, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 8 de maio de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano: OU 527/02 IN.

Denunciado: Saturnino Celalla Fano.

DNI: 30561345-A.

Último enderezo coñecido: Obieta, nº 17-3º D, 48950 Erandio.

Feito denunciado: abandono de vehículo BI-5103-AU.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e Industrias Forestais.

Sanción: 300,51 A.

Expediente nº/ano: OU 523/02 IN.

Denunciado: José Benito Villamarín Rodríguez.

DNI: 36003040.

Último enderezo coñecido: r/ Venezuela nº 72-1º, 36204 Vigo.

Feito denunciado: abandono de vehículo PO-9879-AF.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e Industrias Forestais.

Sanción: 300,51 A.

Expediente nº/ano: OU 528/02 IN.

Denunciado: Emilio Gómez Masid.

DNI: 34830114.

Último enderezo coñecido: r/ Travesía de Vigo, nº 17, 36206 Vigo.

Feito denunciado: abandono de vehículo PO-059211.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e Industrias Forestais.

Sanción: 300,51 A.