Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de organización e montaxe do II Certame Galego da Canción que se vai celebrar na Coruña.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 2003/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: contratación do servicio de organización e montaxe do II Certame Galego da Canción.

b) Lugar de execución: Albergue Xuvenil da Mariña Española - Bergondo (A Coruña).

c) Prazo de execución: desde o 15 ó 28 de setembro, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 46.879 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Coruña.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2 - 1º.

c) Localidade: A Coruña 15006.

d) Teléfono: 981 18 57 10.

e) Telefax: 981 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábado, das 9.00 ás 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica nas cláusulas 5 e 6 do prego de cláusulas administrativas particulares e na indicada no prego de prescricións técnicas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2761

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex ou telegrama, no mesmo día.

2. Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

3. Localidade e código postal: A Coruña 15006.

d) Admisión de variantes: non

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2 - 1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 9.00.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 1 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 14-3-2003)

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña