Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.099

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2003 pola que se lle dá cumprimento definitivo ó acordo da comisión de goberno deste consello do 13 de marzo de 2003, polo que se resolveu a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 16, do 24 de xaneiro de 2003, segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno con data do 13 de marzo deste ano

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se expresan no anexo desta resolución, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión das prazas adxudicadas comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comu

nidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivesen desfrutando os interesados.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido, dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Consello de Contas de Galicia no prazo dun mes desde a recepción desta resolución ou directamente na vía xurisdiccional, perante á Sala do Contencioso-Administrativo do T.S.X. de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2003.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior

ANEXO

NRP/DNI: 3329291002 A0014.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Boado Quijano, Ignacia.

Posto de traballo: técnico de auditoría.

Número de posto: 034.

Nivel: 25.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP/DNI: 3328772746 A0014.

Grupo: B.

Apelidos e nome: López Lago, Francisco.

Posto de traballo: técnico de auditoría.

Número de posto: 035.

Nivel: 25.

Localidade: Santiago de Compostela.