Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.098

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2003 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da comisión de goberno deste consello do 12 de xuño de 2003, polo que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 89, do 9 de maio de 2003, segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 12 de xuño deste ano

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica, ó/á funcionario/a que se expresa

no anexo desta resolución, seleccionado/a conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino do/a funcionario/a producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivese desfrutando o/a interesado/a.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello de Contas de Galicia no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que o/a interesado/a poda exercer, se é o caso, calquera outro que estime procedente.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2003.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior

ANEXO

NRP/DNI: 3656436113 A7523.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Tacón Sanjuás, Mª Consuelo.

Posto de traballo: axudante de arquivo e biblioteca.

Número de posto: 038.

Nivel: 22.

Localidade: Santiago de Compostela.