Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.058

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 2 de xullo de 2003 pola que se amplía a potencia para outorgar a parques eólicos singulares determinada na Orde do 29 de outubro de 2002.

A Orde do 29 de outubro de 2002 abriu o prazo para a presentación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos singulares, establecendo no segundo parágrafo da súa disposición adicional unha potencia para tramitar de 25 MW.

O Consello da Xunta, mediante acordo de 19 de decembro de 2002, declarou preferentes aquelas solicitudes de instalacións que se situasen en concellos do litoral afectados polas verteduras do Prestige.

Esta circunstancia fai necesaria a ampliación da potencia para tramitar para non facer ilusoria a posibilidade de implantar este tipo de parques noutras zonas da nosa Comunidade Autónoma e que proxectos de alta eficiencia non poidan ser acometidos.

Na súa virtude

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase a disposición adicional da Orde do 29 de outubro de 2002, ampliando a potencia para outorgar na convocatoria correspondente ó ano 2002, referida a parques eólicos singulares, a 50 MW.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio