Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da industria de ebanistería e afíns da provincia de Lugo.

Visto o acordo da revisión das táboas salariais para o ano 2002 no convenio colectivo do sector de industria de ebanistería e afíns da provincia de Lugo (código 2700245), asinado o día 1 de abril de 2003, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería de Lugo e da central sindical UGT (60,9%) e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 5 de maio de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

ANEXO I

Táboa de salarios revisadas-convenio ebanistería

de Lugo

Vixencia desde o 1-1-2002 ó 31-12-2002

Categoría profesional

Salario

día

Quinquenio

consolidado

Salario

anual

Encargado e similares30,41470,0812.924,25

Oficial 1ª conduc. e asimil.30,33468,7112.890,25

Oficial 2ª conduc. e asimil.29,36453,8112.478,00

Peón, axudante e asimil.28,73444,1012.210,25

Aprendiz 17 anos18,20281,537.735,00

Aprendiz 16 anos16,24251,456.902,00

Categoría profesional

Salario

mes

Quinquenio

consolidado

Salario

anual

Xefe oficina e proxectista917,41467,2312.843,74

Oficial 1ª admin. e xefe taller908,86462,8912.724,04

Oficial 2ª admin. e xefe taller883,47449,9512.368,58

Auxiliar administrativo866,63441,3712.132,82

Aprendiz maior 18 anos856,13436,0311.985,82