Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.006

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da primeira transformación da madeira de Lugo.

Visto o acordo da revisión das táboas salariais para o ano 2002 e 2003 no convenio colectivo do sector da primeira transformación da madeira de Lugo (código 2700445), asinado o día 2 de abril de 2003, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira, Rematantes e Serradores de Lugo e das centrais sindicais UGT (50%), USO (17%) e CC.OO. (8%) e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 5 de maio de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial da primeira transformación da madeira de Lugo

Táboa salarial revisada do 1-4-2002 ó 31-12-2002

Categorías profesionais

Salario base

Complemento

asistencia

Quinquenio

consolidado

Total anual

Valor hora

extraordinaria

Encargado, xefe de oficina21,550,87342,859.375,385,08

Oficial de 1ª, viaxante, serrador, medidor, conductor21,100,87335,719.184,134,98

Afiador, oficial de 2ª, serrador de serra circular20,770,87330,829.043,884,90

Axudante20,170,87321,048.788,884,75

Peón especialista20,110,87319,988.763,384,74

Peón vixilante20,000,87318,268.716,634,72

Aprendiz/traballador formación16,020,87254,937.025,13

Nota. Para efectos do cálculo do «Total anual» tense en conta o complemento de asistencia por 249 días de traballo efectivo.

Convenio colectivo provincial da primeira transformación da madeira de Lugo

Táboa salarial con vixencia desde o 1-1-2003 ó 31-12-2003

Categorías profesionais

Salario base

Complemento

asistencia

Quinquenio

consolidado

Total anual

Valor hora

extraordinaria

Encargado, xefe de oficina22,140,89342,859.631,115,22

Oficial de 1ª, viaxante, serrador, medidor, conductor21,680,89335,719.435,615,12

Afiador, oficial de 2ª, serrador de serra circular21,340,89330,829.291,115,03

Axudante20,720,89321,049.027,614,88

Peón especialista20,660,89319,989.002,114,87

Categorías profesionais

Salario base

Complemento

asistencia

Quinquenio

consolidado

Total anual

Valor hora

extraordinaria

Peón vixilante20,550,89318,268.955,364,85

Aprendiz/traballador formación16,460,89254,937.217,11

Nota. Para efectos do cálculo do «Total anual» tense en conta o complemento de asistencia por 249 días de traballo efectivo.